quarta-feira, 4 de março de 2009

Xa non sei calar

Estás en non calar máis.
Xa levas tempo abondo deixando pasar.
Escoitas dicir cousas sen sentido e calas.
Escoitas falabaratos e calas.
Escoitas e calas. Respectas.
Mesmo a ignorancia é respectable.
Se non dana a ninguén, aínda ben.
Se dana e precisamente a outros ou a ti mesmo, un supoñer,
e non precisamente a si mesmo,
daquela non se debe calar perante a ignorancia.
Se por riba se pode sospeitar que esa ignorancia é culpábel,
non debes calar.

Ensinar a quen non sabe é boa cousa.
A iso se dedican, profesionalmente, os docentes.
Para os crentes católicos é unha das obras de misericordia.
De por parte, nin o docente nin o crente deben permitir que ninguén engane a ninguén.
Cómpre o compromiso coa verdade,
en contra da ignorancia.

1 comentário:

  1. Coido que a orixe ven da extendida idea de que "todas as opinións son respectables" coa que non concordo; as persoas deben respectarse pero hai opinións que non só non son respectables senón que temos o deber de combatilas. Noraboa polo blog. Pepe.

    ResponderEliminar