Ti dixeches algunha estupidez,
parvada grande ou pequena, insensatez,
tolería, loucura, insania, destempero...?
Ti es estúpido,
es parvo moito ou pouco, ou insensato,
tolo, louco, insán, destemperado...?
Se non o es, estarás oufano,
ledo, contento e orgulloso
dese parto dos montes, máis ridículo
do que ninguén puido nunca esperar.
Nesa enquisa tecnicamente impecábel,
nese inquérito, consulta, referéndum ou o que for,
non contan máis variábeis independedentes do que
a provincia e a etapa educativa. Contaron sen discriminación
os colexios privados e os pais e nais galegófobos a eito
cos que participaron inxenuamente e sen malicia.
Al montón! Al montón, que muchos son;
que salga fulanito...
Xa saíu e dixo o que quixo.
E o amo deixouno só.
Valente sociolingüista!
Sem comentários:
Enviar um comentário