sexta-feira, 3 de julho de 2009

Xa a armastes, e agora que?

Vede o que conseguiron ata agora!
Xa poden ir estudando como van facer
par saíren dela e nos axudaren
a saírmos deste enleado sarillo. Imprudencia
e arroutadas de novatos non son a mellor maneira
de inverter a dirección dunha política lingüística e cultural previa.
Falta, para comezar, a primeira base que,
se non para xustificar un envorcamento semellante,
podería polo menos servir para o poder explicar.
Non chegaron ao goberno a consecuencia dunha revolución, ou si?
Por iso, aínda que quixesen cambiar o rumbo da política anterior
-que foi a do seu partido en Galicia ao longo de case vinte anos, non se esqueza-,
ben mellor lles fose, e aínda máis eficaz,
seguir unhas tácticas máis prudentes, menos impulsivas,
máis pacientes... Onde aprenderon estas persoas a convivir co outro,
co diferente? Sen ter tal condición, non se debe gobernar en democracia.
Semella non mereceren estar onde están
se tan pouca sensatez amosan e sentido da responsabilidade.

Se non se decatan de que seguen camiño errado,
se non saben nin sequera analizar debidamente a realidade,
detectar ben as necesidades, propor consecucións e obxectivos valiosos,
se eles non saben..., terémonos que nos mobilizar en amplas e podentes vagas
de sociedade civil para axudarlles. Se cadra,
non teñen tan mala intención como parece; só impericia.

http://www.xornal.com/opinions/2009/07/02/Opinion/cidadans-actuan/2009070223543459522.html

Sem comentários:

Enviar um comentário