Nota de prensa
Nace a iniciativa "Televisión, manipulación!"
Perante os reiterados episodios de manipulación informativa nos medios de comunicación públicos do noso país, sempre en beneficio do Partido Popular, un grupo de persoas de diferentes sensibilidades que compartimos unha fonda preocupación sobre este feito, após a cobertura parcial e tendenciosa feita pola RTVG en relación á manifestación de Queremos Galego!, impulsamos a iniciativa "Televisión, manipulación!", xurdida dun grupo no Facebook e agora tamén asentada nun blogue (www.televisionmanipulacion.
Escollemos a denominación "Televisión, manipulación!", consigna berrada por milleiros de persoas na Praza da Quintana o pasado domingo 18, pois entendemos que esta iniciativa é unha continuación desa protesta, un medio ao través da cal canalizala e estendela.
A CAMPAÑA
A primeira acción que vai desenvolver a iniciativa "Televisión, manipulación!" é a da recollida de sinaturas, a través da Rede, coas que remitiremos unha carta ao Director Xeral da CRTVG reclamando un cambio de rumbo na liña editorial da radio e maila televisión galegas.
O texto da carta pódese ler integramente aquí, e para asinala tan só é preciso cubrir este formulario.
POLO CESAMENTO DE CARLOS LUÍS RODRÍGUEZ
Esta iniciativa xurdiu como indicamos anteriormente dun grupo de Facebook creado a partir da inmensa indignación que provocou a "entrevista" feita polo xornalista Carlos Luis Rodríguez no marco do programa "Foro Aberto" que substituíu a Hai Debate!, e na que o presentador vulnerou sistematicamente os principios profesionais que deben rexer calquera entrevista, emitindo velada ou explicitamente opinións persoais, formulando preguntas capciosas e de claro nesgo ideolóxico, impedindo que o entrevistado as puidese responder e someténdoo a un xuízo ideolóxico que tiña por única finalidade descualificalo e restarlle credibilidade diante da audiencia.
A actitude reiterada, amosada polo xornalista Carlos Luis Rodríguez, quen teima en imprimir un carácter sectario -coincidente cos intereses e posicións do Partido Popular- ao programa, é o que nos leva a solicitar o seu cesamento como condutor do programa.
Sem comentários:
Enviar um comentário