quinta-feira, 9 de julho de 2009

Monolingües, vós!

Agora cando queiran insultarte, anda con ollo,
chamaranche, pondo cara de noxo, "Monolingüe!"
e quedarán tan panchos, tan oufanos.
Agora, no canto de parvice, tolería,
terrorismo ou ladroízo, agora,
cando de sinalar co dedo os grandes vicios
se trate, dirán "monolingüismo".
Dirano os monolingües
en lingua castelá, de aquí e de alá. Que nós,
os galegofalantes, somos e seremos
os únicos plurilingües na Galicia ou case.
Queredes ver o pobo
máis negado prás linguas? Eis o pobo
español, un dos poucos do mundo que coida
que a súa lingua é a medida de todas as linguas
do mundo actual e futuro; mesmo o inglés
lles semella inferior, se ben baixan
ante el a cabeza pois hoxe
é a lingua do imperio entrementres non chegue
a segura futura "unidade
de destino no universal", ai daquela!,
o castelán voltará ser de novo
a lingua imperial
por antonomasia. Así sexa.

Ay, que pena me da,
esperanza, por Dios!

Ai pobriños de nós,
que praga nos caeu!


http://www.xornal.com/artigo/2009/07/09/politica/villares-temos-pensar-modelos-convivencia-lingua/2009070914575424294.html

http://www.xornal.com/artigo/2009/07/09/politica/feijoo-cualifica-innecesarias-misions-resistencia-civica-prol-do-galego/2009070921382553700.html

Sem comentários:

Enviar um comentário