segunda-feira, 30 de março de 2009

Faille caso, ho!

Se cadra, coidas que non ten razón. Non me estrañaría nada. Poida que aínda haxa alguén máis que pense que o articulista está errado. Segundo aquel principio gnoseolóxico de que a verdade non é máis do que a falsidade fundamentada na miña ideoloxía e nos meus intereses. Que tantas veces non o son, senón os dos secuestradores do meu ánimo (nunha rara versión da síndrome de Estocolmo).

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Peche/caixa/Pandora/senor/Feijoo/elpepuespgal/20090327elpgal_21/Tes

quarta-feira, 18 de março de 2009

E logo a Cidade da Cultura?

Antes do 2005 tense criticado desde varios lugares e con diferentes criterios o proxecto da Cidade da Cultura. Aínda así, nunca esa crítica se producira con tanta teima, sistematicidade e xenreira como se fixo despois de 2005 ou, mellor dito, despois de que o goberno da Xunta presidido por Touriño decidiu seguir adiante co proxecto, aínda que un pouco modificado.

Nestas críticas non se tomou en consideración que ao consello da Xunta lle fora imposíbel botar abaixo o proxecto por un mínimo sentido de responsabilidade, unha vez que a maioría dos investimentos estaban comprometidos mediante contratos asinados en firme polo anterior goberno, a maior parte deles cando xa o partido político promotor perdera a maioría absoluta nas eleccións e formaba un goberno en funcións.

Tales críticas baseáronse maiormente no despilfarro de fondos públicos que o megaproxecto supón e nos baleiros e necesidades que cos recursos alí enterrados se podían encher: escolas, estradas, hospitais..., o demo e a bilbia en verso. Os máis teimudos autores e actores destas críticas foron unha asociación de funcionarios e mais o periódico de maior tiraxe de Galicia. E agora que? Agora calarán?

Agora, se callar, pronunciaranse en voz baixiña algunha vez para que non se diga... ou nin iso. Unha vez que coa crítica acadaron quizais os obxectivos que buscaban, seguramente outros ca o de parar o proxecto, agora se cadra desisten. Pois non será, supoño, por arestora teren menos capacidade de influír no próximo goberno do que a tiñan outrora sobre o de Touriño e Quintana.

O despilfarro, polo que se ve, é criticábel segundo en quen e en que.

Como acontece no referente á relación entre a política e a empresa... Segundo entre que políticos e empresarios, a amizade pode ser algo lóxico e natural ou unha desorde totalmente reprobábel. En certos sectores do tecido social, a propia coincidencia de militancia política e profesionalidade empresarial nunha mesma persoa é algo moi prezado e merecente de gabanza.

Sonche os herdeiros dos que, segundo cobrasen foros e rendas ou vendesen os froitos delas, usaban dous ferrados: un grande para cobrar e un pequeno para vender.

terça-feira, 10 de março de 2009

En Galicia coma en California

Les questions linguistiques sont largement ignorées par les politologues et les civilisationistes, même si ceux-ci s’accordent sur le fait qu’elles jouent un rôle important dans la formation et la vie politique et sociale des états.

Le conflit linguistique se résume à une question fondamentale en ce début de siècle : l’espagnol est-il menacé par le galicien en Galice? Si ce n’est pas le cas, quels sont les enjeux d’un tel débat ? Les enjeux sont essentiellement politiques, voire idéologiques. Les défenseurs de l’espagnol estiment que toute reconnaissance des langues minoritaires menace la cohésion nationale. Il existe d’ailleurs des alliances avérées entre ceux-ci et la droite qui lutte pour un contrôle plus sévère de l’immigration, l’imposition des « valeurs espagnols », la défense de leur propre statut, et qui s’expriment essentiellement à travers de quelques journaux et journalistes. Ceux-ci ont récemment remporté quelques victoires éclatantes et leurs propositions vont mettre fin à plus de vingt ans d’enseignement bilingue. Parmi les défenseurs du multilinguisme et du multiculturalisme, on trouve la plupart des linguistes et des spécialistes de l’éducation qui, au delà des arguments de nature psychologique et pédagogique, considèrent le multilinguisme comme ressource, et le multiculturalisme comme vecteur de décloisonnement culturel et idéologique. Malheureusement, ces derniers n’ayant ni la puissance financière ni l’expérience des campagnes politiques de leurs adversaires, n’ont pu efficacement défendre leurs arguments auprès du public.

Ce débat permet de poser la question de l’identité et de la citoyenneté espagnole. Il s’agit donc de refondre la citoyenneté en terme de droits culturels et linguistiques, tout en évitant une ethnicisation par le biais de la langue, ce qui est en train de se passer avec le galicien. Nous touchons là à l’un des paradoxes produits par le contexte actuel ; en effet, dans leur lutte pour la reconnaissance, les minorités se servent du système de racialisation et d’ethnicisation que l’idéologie nationaliste espagnole a mis en place. Ce paradoxe peut mener à l’enfermement mais est également source d’espoir. On peut en effet espérer que l’idéologie nationaliste espagnole prendra conscience de la fragilité de son appareil institutionnel et juridique et sera amenée à repenser sa politique vis-à-vis des citoyens galiciens dans toute leur diversité.

NOTA: O texto precedente é un extracto selectivo da interesante recensión que o profesor Marc Deneire fai dun libro de Sylvia Le Bars que estuda o conflito lingüístico entre o inglés e o español nalgúns estados de Norteamérica, coma California e Arizona, que teñen unha numerosa poboación de lingua hispana, onde por certo o español foi desterrado do ensino a prol do inglés (English Only) despois de trinta anos de educación bilingüe. No extracto, o que fixen foi substituír “americaine” ou “anglais” por “espagnol”, dunha banda, e da outra substituír “espagnol” por “galicien”, con outros pequenos cambios dos termos referenciais necesarios para a adaptación do texto ao noso caso. É sorprendente a coincidencia de contido, tanta que non foi preciso cambiar ningunha cláusula nin conector do texto orixinario.

O que pretende a dereita republicana verbo do castelán nos Estados Unidos é case exactamente o mesmo que quere a dereita española –e mesmo outros nacionalistas españois que se din de esquerdas– en Galicia. Se se diferencian algo nas medidas propostas, a finalidade buscada e a fundamentación –ideolóxica, por suposto–onde se asentan, son exactamente o mesmo. A consecuencia que pode traer é un arrequecemento da ideoloxía contraria. Que non sería o peor. O grave viría cando esta houber de pasar á acción para se defender da ofensa inflixida por aquela.

Ben lles viría aos promotores de tales ideas pensar mellor as cousas e desistir de querer resolver un suposto problema –aínda que o houbese, que non o hai– creando un problema maior. Dó ao demo tanta ideoloxía e plans tan ruíns.

O artigo, sen extractar nin interpolar, é dicir, o orixinal pódese ler en:

Marc Deneire, « Sylvia Le Bars. Le Conflit linguistique aux Etats-Unis. », Transatlantica, 2003, State of the Union, [En ligne]. Mis en ligne le 5 avril 2006, référence du 9 mars 2009. URL :

http://transatlantica.revues.org/document666.html

domingo, 8 de março de 2009

Ese seica non é nacionalismo

Algúns medios e certos personaxes reclaman o mérito de lle teren axudado ao PP a gañar as eleccións galegas. Agora quererán cobrar. Se non doutro xeito, mediante a obediencia ás súas propostas de reforzamento da identidade nacional española en Galicia, salientemente no referente á lingua. Non lles vai custar moito conseguilo. Rajoy e Feijoo xa se teñen expresado nese mesmo sentido. Só lles faltará deixárense guiar, agradecidamente, polos ditados e leccións varias que non se han facer de rogar desde tan ilustres e amicais mentores como os que todos sabemos, de Madrid e de acá.

Estes son capaces de prender entre nós o lume da guerra etno-lingüística. Repetirán connosco os métodos da Gran Serbia? Aí será o demo!

sexta-feira, 6 de março de 2009

Razón na irmandade: A noxenta verdade política

Razón na irmandade: A noxenta verdade política

Razón na irmandade: Hai lume na de Pardal

Razón na irmandade: Hai lume na de Pardal

Cousas de meniños

Hai entre corenta e trinta anos que se estendeu na sociedade a idea da importancia da educación regrada nos primeiros anos da vida. Menos tempo transcorreu desde que da idea se pasou á práctica, e isto a paso de boi. En vez de só escolarizar os rapaces aos seis anos, na educación primaria, comezouse a crear nos centros unidades de educación preescolar, onde foron admitidos primeiro os de cinco anos, logo os de catro... Hai vinte anos non era fácil matricular nun centro público un fillo de catro anos. A (pre)escolarización dos de tres é recentísima, de quince anos para acá. Naqueles tempos e situación, tivo lugar a fundación de Preescolar na Casa, obra de don Antonio Gandoi e Cáritas de Lugo, co obxecto de compensar un baleiro educativo que se entendía grave para o desenvolvemento dos pequenos que o padecían.

Os menores de tres anos aínda non se consideraban suxeitos da aprendizaxe escolar. Algúns deles, maiormente os fillos de familias nucleares de traballadores, eran acollidos nas garderías. Así se lles chamou ata hai moi pouco. Ata que, desde a pedagoxía asumida pola administración educativa, se impuxo a idea de que as primeirísimas idades son transcendentais desde o punto de vista educativo, de que cómpre a estimulación precoz de todas as destrezas, de que a educación comeza coa aprendizaxe e esta co nacemento ou xa antes... E daquela comezouse a falar de educación infantil, entendendo por tal a que se realiza desde os 0 aos 6 anos. Como consecuencia, a administración educativa cambiou as denominacións oficiais dos centros destinados a estas idades. O que antes se distinguía -garderías e educación preescolar- xuntouse baixo a denominación de educación infantil e esta dividiuse en dous ciclos: primeiro ciclo de educación infantil (0-3 anos) e segundo ciclo de educación infantil (3-6 anos). Os centros respectivos recibiron o nome de escolas de educación infantil, non escolas infantís.

As escolas de educación infantíl onde se educan nenos menores de 3 anos son as continuadoras das que non hai nin dez anos se chamaban garderías, polo que non dependen aínda da administración educativa, senón da de servizos sociais ou de igualdade. O goberno da Xunta de Galicia saído das eleccións de 2005 coidou que nelas se debía compensar as carencias coas que os pequenos accedían a elas, como as tocantes ao contacto coa lingua galega e a outros elementos da nosa cultura diferencial. Foi unha broma aquilo de que se lles ensinaba e facía cantar o Himno Galego. O imposíbel é imposíbel e ademais non se pode facer. A esas idades case non falan. Ou simplemente non falan. E o que é cantar... Porén, mira que non se dixeron parvadas por acá e por alá, ata por parte de membros do consello da Xunta. Non sabían do que falaban... Ou facían o que, segundo Kant , os escolásticos: uns a munxir o macho e outros a termar do tarro.

Porén isto vaino arranxar de vez o señor Núñez Feijoo. Non é do outro día, escoiteino esta mañá pola radio. Falando de voltar atrás todo o que implica a denominación galescolas, dixo: "Os nenos vamos (sic!) ás escolas infantís..., desde hai tempo!". Pois non pode haber tanto! Porén de algo novo e bo nos informou: seica el mesmo pode estar matriculado nunha desas escolas e ten mentes de nela continuar recibindo educación. Boa aprendizaxe! E que se leve ben cos amiguiños.

Volta ao cortello!

Contábase cando eu era un neno.

En casa labrega houbo a mata do porco. Picáronse as carnes. Fixéronse as chourizas e os chourizos.

Houbo esta mata estando ausente un dos irmáns, o máis mandón. Ao que volveu, non lle prougo o labor feito e ordenou pór en movemento en sentido inverso toda a maquinaria e operacións do proceso cumprido. "Volta ao cortello!", encirraba. E, co mando que alá tiña, tentouse o que el ordenaba.

Daquela riamos a escachar os nenos e nenas que escoitabamos.
Era o obxectivo do fistor.

quarta-feira, 4 de março de 2009

Cultísimos políticos

Escena primeira

En Madrid, hai máis de dez anos.

P.- E que lle parece a vostede a literatura de Saramago?
R.-Ah, si! Sara Mago...! Que grande escritora!

Escena segunda

En Santiago de Compostela, hai menos de dez anos.

P.- Grande acontecemento, non si?, esta ocasión de escoitarmos
Carmina Burana!
R.- Será grande por certo. Non todos os días pode un escoitar
unha cantante da calidade de Carmina Vurana!

Escena terceira

En Pontevedra, hai un mes máis ou menos.

P.- Que lle parece o que propugna "Galicia bilingüe"?
R.- Eu o que digo é "Libertad, libertad!"
P.- Canto custa a autopista desde Pontevedra a Vigo?
R.- De Pontevedra a Santiago custa 5 €.
P.- A quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas?
R.- O ano pasado foille dedicado a Rafael Dieste.

Nota: Por se alguén non o souber...: a peaxe da autorruta entre Pontevedra e Santiago custa 4,40 € e o Día das Letras Galegas do ano pasado dedicámosllo a Álvarez Blázquez. O de 2009 dedicarémosllo a un personaxe tan remoto e descoñecido como Ramón Piñeiro López.
Son estes políticos os que están gobernando e influíndo nas nosas vidas. Doutros temas, se cadra, ignoran menos. De cales, eu ignóroo.

Xa non sei calar

Estás en non calar máis.
Xa levas tempo abondo deixando pasar.
Escoitas dicir cousas sen sentido e calas.
Escoitas falabaratos e calas.
Escoitas e calas. Respectas.
Mesmo a ignorancia é respectable.
Se non dana a ninguén, aínda ben.
Se dana e precisamente a outros ou a ti mesmo, un supoñer,
e non precisamente a si mesmo,
daquela non se debe calar perante a ignorancia.
Se por riba se pode sospeitar que esa ignorancia é culpábel,
non debes calar.

Ensinar a quen non sabe é boa cousa.
A iso se dedican, profesionalmente, os docentes.
Para os crentes católicos é unha das obras de misericordia.
De por parte, nin o docente nin o crente deben permitir que ninguén engane a ninguén.
Cómpre o compromiso coa verdade,
en contra da ignorancia.