sexta-feira, 6 de março de 2009

Volta ao cortello!

Contábase cando eu era un neno.

En casa labrega houbo a mata do porco. Picáronse as carnes. Fixéronse as chourizas e os chourizos.

Houbo esta mata estando ausente un dos irmáns, o máis mandón. Ao que volveu, non lle prougo o labor feito e ordenou pór en movemento en sentido inverso toda a maquinaria e operacións do proceso cumprido. "Volta ao cortello!", encirraba. E, co mando que alá tiña, tentouse o que el ordenaba.

Daquela riamos a escachar os nenos e nenas que escoitabamos.
Era o obxectivo do fistor.

Sem comentários:

Enviar um comentário