quarta-feira, 4 de março de 2009

Cultísimos políticos

Escena primeira

En Madrid, hai máis de dez anos.

P.- E que lle parece a vostede a literatura de Saramago?
R.-Ah, si! Sara Mago...! Que grande escritora!

Escena segunda

En Santiago de Compostela, hai menos de dez anos.

P.- Grande acontecemento, non si?, esta ocasión de escoitarmos
Carmina Burana!
R.- Será grande por certo. Non todos os días pode un escoitar
unha cantante da calidade de Carmina Vurana!

Escena terceira

En Pontevedra, hai un mes máis ou menos.

P.- Que lle parece o que propugna "Galicia bilingüe"?
R.- Eu o que digo é "Libertad, libertad!"
P.- Canto custa a autopista desde Pontevedra a Vigo?
R.- De Pontevedra a Santiago custa 5 €.
P.- A quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas?
R.- O ano pasado foille dedicado a Rafael Dieste.

Nota: Por se alguén non o souber...: a peaxe da autorruta entre Pontevedra e Santiago custa 4,40 € e o Día das Letras Galegas do ano pasado dedicámosllo a Álvarez Blázquez. O de 2009 dedicarémosllo a un personaxe tan remoto e descoñecido como Ramón Piñeiro López.
Son estes políticos os que están gobernando e influíndo nas nosas vidas. Doutros temas, se cadra, ignoran menos. De cales, eu ignóroo.

Sem comentários:

Enviar um comentário