domingo, 8 de março de 2009

Ese seica non é nacionalismo

Algúns medios e certos personaxes reclaman o mérito de lle teren axudado ao PP a gañar as eleccións galegas. Agora quererán cobrar. Se non doutro xeito, mediante a obediencia ás súas propostas de reforzamento da identidade nacional española en Galicia, salientemente no referente á lingua. Non lles vai custar moito conseguilo. Rajoy e Feijoo xa se teñen expresado nese mesmo sentido. Só lles faltará deixárense guiar, agradecidamente, polos ditados e leccións varias que non se han facer de rogar desde tan ilustres e amicais mentores como os que todos sabemos, de Madrid e de acá.

Estes son capaces de prender entre nós o lume da guerra etno-lingüística. Repetirán connosco os métodos da Gran Serbia? Aí será o demo!

Sem comentários:

Enviar um comentário