Non é unha enquisa. Unha enquisa é algo moito máis serio.
Debe cinguirse a unha técnica rigorosa que respecte
uns elementais principios de sociometría e demoscopia.
Ulos, neste caso? En ningures.
Non hai entrevistadores, non se enxerga unha mostra,
non unhas marxes de erro, non unha rigorosa metodoloxía
que garanta a fiabilidade na realización, recollida e baleiramento das respostas.
Non é un referendum.
Non hai xunta electoral, mesa electoral,
campaña (prohibiron autoritariamente mesmo a información),
seguimento do escrutinio polas distintas partes interesadas.
É unha consulta! E iso que é?
E que valor ten, con todas as eivas sinaladas
e outras moitas que se poden e teñen denunciado?
É unha cerimonia de confusión e pseudodemocracia!
A súa validez?
Dicir que nula é dicir pouco.
Engádanselle outros calificativos
de entre os peores que se poidan pensar.
http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=2164
http://www.xornal.com/artigo/2009/06/15/galicia/psoe-coincide-cos-sindicatos-rexeitar-inquerito/2009061522084114760.html
Sem comentários:
Enviar um comentário