Advertíuselles por activa, por pasiva e deponente.
Se non entenderon, será por non atenderen.
Ou por pechazón.
Ou por causas que implican maior responsabilidade.
Negan todos os riscos que lles sinalan.
O cambio climático? Parvadas de catro verdes! Hipérboles
de pseudocientíficos e dalgún político cesante en América!
Cando se sufran duramente as consecuencias, eles estarán a criar malvas;
e os seus descendentes sobrevirán para os lembraren?
A enerxía nuclear e os seus residuos de incerta repercusión?
O que veña detrás, que corra! Entrementres, imos vivindo!
Vivindo ben! Despreocupados! Alegremente!
Tal ou estoutra industria contaminante, alá ou acolá?
Dis que pan para hoxe e fame para mañá, cando non doenza e morte?
Haichos ben exaxerados!
En todo caso, quen o vai ver para o contar!
A morte anunciada da lingua galega? A súa disolución na masa do castelán?
E que! Se non quere morrer, que patee!
Pois nin iso se pode facer; sería unha "manifestación preventiva"...: cousa vitanda!
http://www.nova-escola-galega.org/almacen/documentos/Consulta_familias_comunicado_Nova_Escola_Galega.pdf
http://www.xornal.com/artigo/2009/06/15/galicia/carta-duns-pais-ao-conselleiro-educacion/2009061512521893050.html
Sem comentários:
Enviar um comentário