quinta-feira, 18 de junho de 2009

Sostenella y no emendalla

Como vai ser vinculante o que diga a RAG,
o que diga a razón, o que diga o sentidiño -diga algo, doutor Albor!-,
o que están dicindo en Galicia case todos os que pensan
na grave senrazón que se quere facer desde o goberno da Xunta?

O presidente Feijoo e o seu conselleiro de Educación
saben moi ben a quen teñen que contentar,
a quen teñen que escoitar con atención e obediencia,
antes de sacar adiante o novo decreto:
o que destoutras estancias se lles dixer, iso será vinculante.
Con razón ou sen ela!

Sen ela, por suposto: para aparentar que a teñen,
vense obrigados a repetir uns tras outros
as mesma mentiras tópicas,
coma a da imposición do galego (onde!?; datos, señores!)
ou esa de que o decreto actualmente vixente
só representa a vontade do 10 % da poboación do país,
cando o certo é que
(http://www.xornal.com/artigo/2009/06/18/polItica/dise-nacionalista-so-identificase-co-bng/2009061800011893591.html: o 23 % séntese nacionalista
e non fai falta sentirse nacionalista galego
para defender a supervivencia e hexemonía do galego).

Porén eles seguen coa súa.
Calesquera que foren as consecuencias.
Só un consolo remanece no panorama escuro que se aproxima:
o baseado na esperanza de que pasarán e mellores tempos virán.
Entrementres, do dano que fixeren, eles sós serán os responsábeis.
Cómpre, no entanto, que os que vemos a senrazón a denunciemos
a tempo e a destempo, sen cansar, sen medo.

E isto non é fácil. Moitos centros de ensino estaban decididos
a informar os pais sobre a enquisa, sobre as súas debilidades e o sentido
das cuestións polas que pregunta. A maioría deses centros
abstívose mesmo de enviar ás familias o tríptico "As linguas suman"
da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
porque houbo desde a Consellería e da Inspección Educativa instrucións
que ao parecer o prohibían. Agora seica non era esta a interpretación debida.
Pois xa é tarde! O que non se fixo por medo ou precaución,
nunca se poderá xa facer. O medo garda a viña,
como escribiamos aquí mesmo no seu día: ( http://breve-rias.blogspot.com/2009/06/o-medo-garda-vina.html).

http://www.xornal.com/artigo/2009/06/18/polItica/diga-rag-non-sera-vinculante-confirma-feijoo/2009061819154889028.html

http://www.xornal.com/artigo/2009/06/18/polItica/claustros-centros-posicionanse-consulta/2009061723562875223.html

http://www.xornal.com/artigo/2009/06/18/polItica/cig-afirma-enquisa-do-galego-xa-levou-reves-xudicial/2009061813471267161.html

Sem comentários:

Enviar um comentário