quarta-feira, 24 de junho de 2009

Decidan os educadores e os lingüistas

É un consello prudentísimo.
Se a Consellería de Educación o desoe,
será por terne obcecación na súa teima
da imposición e a liberdade.
Será tamén sinal de non saber ao que se está.
Ou de desprezo e desafecto
ao obxectivo irrenunciable -e legalmente obrigado-
de que todo alumno do sistema educativo non universitario
acade na lingua galega competencias parellas
ás que logre na lingua castelá. Isto
nunca se conseguiu en Galicia ou, se nalgún caso si,
foi nunha porcentaxe moi cativa e poucas veces
facilitada pola escola e os escolantes,
moito menos pola política lingüística aplicada ao ensino.
Coa que o novo goberno nos promete,
recuaremos aínda, que xa é dicir!
Mais nin así, xa veredes! Eles ao seu!
Con razón ou sen ela! Porque mandan.
Ou porque lles mandan.

http://www.xornal.com/opinions/2009/06/24/Opinion/ollada-lingua-ensino/2009062403125785867.html

Sem comentários:

Enviar um comentário