sexta-feira, 19 de junho de 2009

Empeorando a educación

Máis voces e algunhas perspectivas novas
que choven sobre mollado. Este manifesto
chámanos a atención sobre os máis que posíbeis graves danos
que a política lingüística da Consellería
causará á educación da xente nova,
con repercusións tan serias coma o empobrecemento
do ensino universitario.

http://www.xornal.com/artigo/2009/06/19/sociedad/profesores-filoloxia-traduccion-mostran-sua-preocupacion-pola-pol/2009061914333924345.html

Un dano que non se deixa de sinalar
é o de introducir nos ámbitos educativos unha lea por causa da lingua
e por riba cargándolle a culpa de todo á pobre lingua galega.
Porén o novo secretario de política lingüística anda ao seu
e nega a evidencia. Alá el, non se explica un
a sona que tiña. Está a gañar outra ben distinta, malpocado!

http://www.xornal.com/artigo/2009/06/19/polItica/anxo-lorenzo-galicia-habra-guerra-linguistica/2009061914232755838.html

Sem comentários:

Enviar um comentário